Tema 3: Recursos Mariños e Pesca Sostible (Páxina 1)
A pesca
A pesca é a captura de peixes, crustáceos e moluscos, como por exemplo: sardiñas, bonitos, centolos e polbos.
Na pesca de baixura os barcos pequenos faenan preto da costa. Son embarcacións que levan o peixe fresco tódolos días á lonxa. A diferencia da pesca de altura na que os barcos grandes usan enormes redes e faenan a moitas millas da costa. Como pasan moito tempo pescando sen voltar a terra, os barcos son o fogar dos mariñeiros durante eses meses. Nestes barcos conxelan o peixe capturado para a súa conservación ata chegar a porto.
É unha actividade do sector primario de gran importancia. En Galicia a actividade pesqueira é esencial para a economía. A pesca xera moito emprego directa ou indirectamente noutros sectores.
Peixe fresco
Os barcos de baixura desembarcan o peixe e marisco a diario nas lonxas de A Mariña-Ortegal.
Os barcos de baixura desembarcan o peixe e marisco a diario nas lonxas de A Mariña-Ortegal.
Alternan artes de pesca
Moitos barcos, durante o ano, cambian de aparello dependendo das especies que queiran capturar.
Moitos barcos, durante o ano, cambian de aparello dependendo das especies que queiran capturar.