Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños
Actividade antrópica
Os océanos e os mares teñen unha gran importancia para a biosfera. Dende o punto de vista do medio ambiente contribúen ao equilibrio climático, xa que os seres mariños como o fitoplancto e as algas macroscópicas son responsables da produción da maioría do osíxeno do planeta. Ademais os mares poden absorver o exceso de dióxido de carbono xerado pola actividade humana nos continentes.
Grazas ao mar, coa súa función reguladora do clima, os seres vivos dos continentes son quen de vivir en boas condicións, sen temperaturas excesivamente altas e sen fenómeos metereolóxicos catastróficos recurrentes.
A actividade antrópica, como a contaminación, está creando cantidade de impactos e danos no medio mariño. Danos que afectan directamente a súa capacidade de regulación do clima. Estos impactos reducen a supervivencia dos organismos vivos da Terra, entre os que nos atopamos.
O quecemento dos mares cada vez é máis rápido. No ano 2019 a temperatura dos océanos foi a máis elevada dende que se teñen datos.