Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 1)

Contaminación

É a introducción de sustancias, elementos ou sons nun medio que deterioran un ecosistema, e son prexudiciais para os seres vivos. É sempre unha alteración negativa do estado natural do medio que produce modificacións no equilibrio do ecosistema.

Segundo o tipo e orixe dos elementos ou sustancias a contaminación pode ser: física, química, biolóxica ou acústica.

Moitas veces, a contaminación é dificil de ver a simple vista aínda que o seu impacto sexa moi nocivo; como por exemplo a contaminación química do vertido de lixivia dunha fábrica. Noutros casos, é moi fácil de identificar pero moi difícil de erradicar, como a contaminación física dos plásticos que invaden mares e praias. Ou a contaminación acústica creada polas embarcacións.

Image
Contaminación acústica
Creada por sons que non pertencen ao medio natural. Teñen un impacto moi negativo nos habitantes mariños. Como por exemplo o estrondo que crean os motores de grandes barcos mercantes.
Contaminación biolóxica
Causada pola presenza de especies invasoras que alteran negativamente o ecosistema.
Contaminación física
Causada por obxetos que o mar non é capaz de transformar e permanecen no ecosistema. Como os residuos plásticos.
Contaminación química
Debido a compostos químicos como poden ser os derivados da queima de combustibles fósiles e os vertidos industriais.
printer_footer