Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 2)
Contaminación química
Compostos químicos derivados da queima de combustibles fósiles e vertidos industriais dan lugar á contaminación química no medio ambiente.
Os humanos cada vez contaminamos máis coa queima de combustibles fósiles (carbón e petróleo) e a emisión dos gases como o dióxido de carbono. O incremento do efecto invernadoiro é un dos problemas máis importantes da nosa sociedade.
Os gases emitidos reteñen parte da enerxía que o chan emite ao ser quentado polo sol. Este fenómeno evita que parte da enerxía solar recibida constantemente pola Terra, volva inmediatamente ao espacio. O que produce a escala mundial un efecto similar ao observado nun invernadoiro. Provoca o aumento da temperatura do noso planeta e da lugar ao quecemento global.
O noso planeta débese manter en certos rangos de temperatura para que a biodiversidade, o medio ambiente e todo os seres que aquí vivimos poidamos atopar un equilibrio e vivir co clima ideal para cada rexión.
Nos últimos 10 anos producíuse un cambio brusco no ecosistema costero do mar Cantábrico. Debido á perda de bosques de grandes algas pardas que é motivo de preocupación para a comunidade científica, pescadores e afeccionados ao mar.
Os vertidos industriais de compostos químicos á auga produce a morte dos animais mariños xa que afecta ao seu sistema respiratorio.
Un aumento da temperatura do mar provoca a morte de centos de algas, o que leva a un desequilibrio do ecosistema e a pérdida de biodiversidade.