Tema 4: Contaminación e Problemática dos Ecosistemas Mariños (Páxina 12)

É hora de actuar

Os seres humanos somos os únicos responsables de coidar o mar e o medio ambiente. Todos podemos contribuir con accións pequenas e sinxelas.

Por exemplo, podemos reducir a emisión de gases á atmósfera empregando máis o transporte público. Controlar o gasto enerxético mantendo a nosa casa a unha temperatura moderada. Recoller os residuos mariños que vexamos cando vamos a praia e reducir o consumo de plásticos.

É responsabilidade de todos manter limpos os mares e mellorar nas 5Rs:

  • Reducir
  • Reempregar
  • Reparar
  • Reciclar
  • Responsabilizar
Image
Iniciativas da comarca
Axuda aos mares participando como voluntario en iniciativas organizadas na tua comarca, como a recollida de lixo nas praias.
Unha pequena acción
Eliminar unha rede dunha praia axudará a que unha tartaruga non quede atrapada nela, evitando así a súa morte.
printer_footer