Tema 1: Os habitantes mariños do territorio de A Mariña-Ortegal (Páxina 9)

San Martiño

(Zeus faber)

Dimensións: corpo de entre 30-40cm de lonxitude.

O San Martiño é un peixe aplanado lateralmente e de cor dourada.

Algunhas especies de peixes son de hábitos solitarios, como é o caso do San Martiño. É un depredador moi territorial que nada en busca de presas como pequenos peixes. Atrapa ás súas presas agochado entre rochas e algas onde pasa desapercibido. A boca, de gran tamaño, permítelle capturar peixes como arenques e xureis.

Image
Defensa
É un peixe que ten varios mecanismos de defensa fronte a depredadores: a chamativa crista longa, que agranda seu tamaño, e unha mancha escura, que simula un ollo para confundir aos depredadores.
Vexiga natatoria
É un órgano interno que posúen moitos peixes para controlar a flotabilidade mediante a entrada e saída de aire na mesma. Funciona como un globo, cando a inchan suben á superficie e cando a desinchan baixan ás profundidades.
printer_footer